Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

CONTA ÁLVARO CUNQUEIRO: Evaristo, o zoqueiro

CONTA ÁLVARO CUNQUEIRO que pasou por unha aldea chamada Baldrido (?), á que el soía ir cando era neno cos segadores que ían segar a herba para seco dos prados dos seus avós. Dí que era aldea de zoqueiros (os Chumbaos, os Cregos, os Virilís) e que a esa aldea chegou unha vez un forasteiro que comprou unha cabana no monte, xunto á fonte, e aprendeu a zoquear. Aprendeu nun día, no seu cepo as zocas facíanse soas mentres el asubiaba.

Contáronllo a un crego que había en Reigosa (A Pastoriza), e este exclamou:

—Será o Demo!

E á mesma hora que o crego dixo o que dixo, ardeu Baldride, que está tres leguas, a cabana do monte e o forasteirom desapareceu. Só se soubo que se chamaba Evaristo.

Un fillo do Virilís atopou entre a cinsa unha zoquiña de ouro. Marchou para Bos Aires e levouna. Agora é frecuente atopar no monte moedas de ouro e prata.

 

 

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: