Animais velenosos?
Outras crenzas que tamén temos escoitado e que nos teñen chamado a atención, sobretodo porque quen as conta as cree como verdade absoluta, e sentíndose molestos cando se lles cuestiona argumentos tan peregrinos son as seguintes:
Píntegas e morcegos son animais que teñen o sambenito de considerarse feos e mesmo temos oído dicir que non se lles pode tocar nin achegarse a eles posto que son moi, pero que moi, velenosos. Nunha ocasión ata temos visto a un veciño de Melide perseguir cunha vasoira na man a un morcego que se introducira nunha estancia, e cando conseguiu darlle un bo trancazo ó pobre animal, deixándoo medio "grogui", recolleuno e oprimiuno entre a vasoira e un recolledor, non por noxo, senón pensando que se lle tocaba, ía inocularlle ese veleno que levan dentro.
[Texto remitido por Xurxo Broz e Cristina Vázquez, de Melide (A Coruña). Setembro de 2016]