Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Ovos á raposa, que morreu por golosa!

Despois da Guerra Civil, no "tempo da fame", os mozos da parroquia de Covas, concelllo de Baralla (Lugo) acostumaban ir cazar os raposos xa que, día si e día tamén, asolaban os galiñeiros.

Cando cazaban un, logo percorrían as casas co animal pendurado dun pao e anunciando:

"Matamos un raposo; este xa non vai atacar as pitas

A xente, entón, dáballes unha moeda ou, a maioría das veces, ovos.

[Texto remitido por Xabier Moure Salgado. Becerreá (Lugo). Xuño de 2016]

***

Tamén pasaba na Fonsagrada. Eu mesmo fun pasear a raposa morta polos pobos,e díciamos:

"Ovos á raposa que morreu por ser golosa"

Que tempos aqueles! Ver unha raposa era como ver o ladrón roubando. E dábannos ovos das galiñas e xuntabamos varias ducias.

[Texto remitido por Antonio Fernández. A Fonsagarda (Lugo). Xuño de 2016]

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Sendo ben neno, lembro isto mesmo polas aldeas de Navia. Confirmo.

Enviado por Toño Núñez o 15/06/2016 ás 0:43:30


Enviar comentario a este artigo: