Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Cando chegaron os mouros a Beluso

Contan os vellos que os mouros arribaron a Beluso a través da praia de Areas de Bon. Desde alí achegáronse ata Mourazos, onde fixeron unha parada da que, como lembranza, deixáronlle o nome. Desde Mourazos camiñaron ata a Mourisca, onde quixeron tamén deixar pegada do seu paso por esta praia no seu nome. Finalmente, desprazáronse ata a praia de Ancoradoiro desde onde partiron, non sen antes enterrar unha áncora de ouro na area. Os veciños, que sabían deste feito, buscaron e buscaron a áncora durante moito tempo pero nunca a encontraron.

[Lenda remitida por Soledad Ríos Santomé, de Moaña (Pontevedra). Maio de 2016]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: