Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Nacidas (Responso para as persoas)

San Bartolomeo se levantó,

sus manos y sus pies lavó,

Cristo le preguntó:

A donde vas san Bartolomeo?

Vou al cielo.

Non vais non, tes un fillo varón

criado con boa bendición.

(Persignándose)

Pido a Dios e á Virgen Santísima

suerte y saludiña.

Con perdón de Dios e da Virgen María,

un padrenuestro e unha Ave María.

(Hai que dicilo tres veces sen se enganar e ao final persignarse)

Recollido de Dolores Sánchez Sánchez, nacida en Barallobre, Carballo, concello de Friol (Lugo) en 1914 e falecida en Lugo en 2011. Exerceu de menciñeira moitos anos, e foi moi recoñecida en toda a bisbarra, en especial pola súa man e pola eficacia do responso contra as nacidas do gando tanto na xente como nos animais.

Chámase nacidas (carbunco, lobado) a unha enfermdiade infecciosa provocada polo bacillus anthracis que padece o gando vacún e ovino. Esta doenza pódese transmitir aos humanos que teñen contacto con animais enfermos.

 

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: