Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Pedra Longa

Penedo de xisto situado no lugar do Castro, en Vilameán, concello de Tomiño (Pontevedra). Atópase semisoterrada e con certa inclinación. Existen varias lendas asociadas a esta pedra. Unha delas fala que os mouros a deixaron neste lugar en sinal da súa chegada. Outra lenda di que a pedra está encantada. Falan da existencia de ouro debaixo da pedra baixo a custodia dunha cobra de sete cabezas. Para desencantar a pedra e poder coller o ouro, teñen que ir un cura e sete cans. Ao chegar o sétimo can a cobra desaparecerá e entón poderase entrar por debaixo e coller o ouro.

(Remite Óscar, de Vigo, en abril de 2016)


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: