Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A maldición do soldado francés

Durante a invasión napoleónica en Becerreá, un soldado francés achegouse un día á coñecida como Casa da Corredoira, na aldea de Guilfrei, concello de Becerreá (Lugo), para que lle deran un vaso de auga para calmar a sede. Cando o home estaba a beber, o dono da casa colleu un rolo e golpeouno na cabeza, causándolle a morte. Dende aquelas, os habitantes da casa, cando saen ao campo para traballar, teñen que levar consigo auga para beber debido á sede que lles entra. Tamén se di que cando un dos moradores da casa vai morrer, pouco antes sempre pide auga.

[Texto de Xabier Moure Salgado. Outubro de 2015]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: