Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A maldición dos Simós

O barco dos Simós de Burela (Lugo) non pescaba nada, e a muller dun deles foi visitar o cura. E o cura deulle un cacho de pedra de ara (altar) e díxolle que cando botasen o aparello ao mar, tamén botasen a pedra de ara.

Así fixeron. E cando caeu a pedra de ara ao mar sentiuse como unha pequena explosión. Aquela noite trouxeron o barco cheo de peixe, e de alí en adiante nunca lles faltou.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: