Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Fonte Santa de Belmil

A Fonte Santa de Belmil, concello de Santiso (A Coruña) atópase na beira dereita (ou norte) do río Ulla, preto da ponte de Belmil. A Fonte agroma polo fondo dunha grande pena. Trátase dunha fonte de augas sulfurosas, das que cheiran a ovos podres. Esas augas bebíanse en xaxún durante nove días do mes de setembro. Son consideradas medicinais para moitos males, para a asma e especialmente para o aparato dixestivo. Testemuñas orais de veciños da parroquia fan fincapé nesas virtudes terapéuticas e curativas:

Se vades á Fonte Santa atoparédela abaixo da aldea de Pumares, á beira do río, onde hai unha pena grande onde se poñían as cruces nos buratos e fendas. E tamén na casa de Sánchez había un peto de ánimas, onde os devotos deixaban a esmola para a Virxe dos Alimentos (imaxe que se venera na igrexa de Belmil), cando volvían da fonte coa auga"

"A fonte ten auga azafrada, e a ela viña moita xente da comarca, e aínda a levaban para as leiras e bichos das hortas. E poñíanlle (á fonte) cruces e flores, e se algún botaba pecados secaba, e cando deixaba de botalos a auga volvía. E facía milagres e curábase a xente"

Revista INTRES, nº 57, IES de Melide, febreiro do ano 2005.(Ver PDF)

[Información de Cristina Vázquez Neira e Xurxo Broz, de Melide (A Coruña). Marzo de 2015]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

O relato que reproduce Natalia R.C, publicado na Revista INTRES, nº 57, comprobamos que se trata da copia literal e íntegra do relato recollido por Vicente Risco e Amador Rodríguez, e publicado no "Terra de Melide", elaborado polo Seminario de Estudos Galegos, no ano 1933. Eses investigadores narran a lenda da Fonte Santa de Belmil, no capítulo titulado Folklore de Melide. O que fai a alumna do IES de Melide é reproducila íntegramente pasada ó galego actual.

Enviado por Cristina Vázquez Neira e Xurxo Broz Rodríguez, Museo da Terra de Melide o 16/03/2015 ás 20:35:21


Enviar comentario a este artigo: