Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Fonte de Santa María de Leboreiro

A Fonte de Santa María do Leboreiro, concello de Melide (A Coruña). Sitúase nas proximidades da estrada N-547 (Lugo-Santiago). Sobre ela existe unha lenda relacionada coa Virxe María, máis en concreto cunha imaxe dela que hai no interior da igrexa parroquial. A lenda fai mención a que dita imaxe foi atopada na fonte, e trasladada ata a igrexa. Pero desaparecía da mesma e volvía para a fonte, tantas veces como era retornada ó templo.

A lenda conta que para evitar que fuxira máis veces, deron en labrar a imaxe da Virxe no tímpano da portada principal, e dende entón xa se quedou definitivamente na igrexa. A imaxe atópase no interior da igrexa parroquial, representando a Virxe sedente co Neno no colo. Está realizada en madeira policromada e datada aproximadamente no século XIV.

O tímpano da portada principal está feito dunha soa peza, de deseño apuntado (oxival). Representa a Virxe sedente, co Neno no colo, e flanqueada por dous anxos portadores de filacterias e incensarios. Esta figuración tamén parece corresponderse co século XIV.

[Información e fotografía de Cristina Vázquez Neira e Xurxo Broz, de Melide (A Coruña). Febreiro de 2015]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: