Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Xans

As Xans. Procesión de pantasmas que, a diferencia da Compaña, está formada por vivos. Forman dúas ringleiras e portan un cadeleito. Intérpretase que os participantes nesta procesión irán morrendo segundo a proximidade ao cadaleito; os que camiñan máis lonxe poden tarder 3 ou 4 anos.

Só os poden ver aqueles que o padriño ao bautizalos dixese mal o credo ou que o crego oficiante cambiase os óleos de bautizar polos da Extremaunción. Esta situación só se pode remediar se se repite, e ben feita, a cerimonia do bautismo. Soen deixarse ver nas encrucilladas, pero non se poden sentir, e ademais son vingativos. Se a persoa que os ve é amiga dos que van na procesión, non ten perigo, pero de levarse mal con algún deles, é seguro que o arrastrarán polas silveiras.

 

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Ben, eu teño referencias dunha tradición distinta das xans. Fágovos resume e aporto un primeiro escrito sobre elas, a ver se vos interesa ou existe noutros lugares. Nos cercanos pobos de san Xoán de Louredo e san Antonio de Remuíño, concellos de Cortegada e Arnoia, respectivamente, a xente ca que falei recorda as xans como luciñas, lumiños, que se podían ver de día ou de noite, relacionadas ca morte moitas veces, inda que as podías ver de lonxe e non pasaba nada.

Aquí vos aporto un pouco máis, inda que estou pensando nunha continuación que complemente o escrito: https://delouredo.blogspot.com/2016/05/as-xans.html

Enviado por Félix Álvarez Rodríguez o 22/04/2020 ás 14:16:20


Enviar comentario a este artigo: