Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O tributo das cen doncelas

Na aldea de Bordel, na parroquia de Sarandóns, Abegondo (A Coruña), consérvase un pazo habilitado como vivenda particular e parcialmente restaurado que data do s. XVII. Unha desafortunada intervención, con galerías de formigón na parte traseira, desvirtúa o conxunto. A construción máis antiga é unha torre do s. XII totalmente arruinada, cuberta pola matogueira e á que lle falta a parte superior.
Cóntase que aquí recluían ás mozas cristiás destinadas aos haréns dos musulmáns ata que eran embarcadas cara o seu destino. Era o coñecido como "Tributo das cen doncelas" ou de "Peito Bordel". No ano 765, cinco fidalgos, fartos de semellante aldraxe e armados só con ramas de figueira, puxeron en fuxida aos moros de Abderramán. Sobre un arco de medio punto que dá acceso á edificación hai un escudo cadrado coas armas dos Figueroa e Andrade e, debaixo, a cabeza dunha muller.

[Texto e fotografía de Xabier Moure Salgado. Outubro de 2014]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: