Ritos, obxectos, crenzas varias..
CATEGORÍAS RELACIONADAS
As bruxas de Moure e a Virxe do Faro de Chantada
As bruxas de Moure colleron sona cando se confabularon para vingarse da Virxe do Faro, de Chantada (Lugo). Seica estaban incomodadas con ela pola cantidade de proxectos perversos que lles malograba.
A Virxe ao saber das intencións das bruxas de Moure, fuxiu da súa ermida montada nun burro e cando chegou ao castro de Moreda, cansa da longa camiñada, deitouse sobre unha rocha.
Ao amencer do día seguinte púidose ver que sobre a pedra quedara a pegada da figura do seu corpo.
Esta é a orixe, segundo a lenda, dun sartego antromorfo que houbo, e ao parecer xa non hai, no castro de Moreda.
BIBLIOGRAFÍA