Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Dama da Moladoira

Moi preto da Pena Abaladoira do Pereiro, concello de Alfoz (Lugo), en Guilfonso, vive unha señora, unha dama, de cabelos longos e dourados. Ás veces ofrece unha lebre de ouro a quen consiga desenguedellarlle o pelo. Unha vez presentouse diante dunha nena que andaba alindando a facenda pola Fraga da Moladoira e pediulle que a peitease. A nena fixo o que puido, que non foi moito, pero caeulle en graza á dama e agradeceulle o esforzo regalándolle unha cousa que non podía mirar ata chegar á casa. Pero a nena mirou no peto e como só atopou carbón, tirou con el. E cando chegou á casa contoulle á nai o que pasara. Ao día seguinte a nena volveu coas ovellas para o monte, tropezou de novo coa dama de cabelos dourados que lle volveu a pedir que a peitease. Pero cando a nena se dispuña a peiteala, a dama colleuna por un brazo e agachouno nun dos penedos que hai arredor da Pena Abaladoira. E alí quedou para sempre e aínda, se afinamos o oído, pódemos escoitar como chora a nena aló dentro do penedo. A Moladoira chámase así porque alí ian os mouros dos arredorres moer o seu centeo nuns muíños de man feitos de pedra.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

É perfecta eu de máis pequena encantábame. Xa a había olvidado, grazas por facerme recordar.

Enviado por Elisa o 08/05/2023 ás 14:31:57


Enviar comentario a este artigo: