Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

De camiño do asilo [ATU-980: The Ungrateful Son]

Era unha familia que viña como herencia de levar o familiar, o que iba sendo maior, de levalo ó asilo. E entonces foi pasando, foi transcurrindo, transcurrindo así; familiar tras familiar, iban todos.
E un día, tamén lle tocaba e o fillo levouno. E iba andando, iba andando e chegou a un sitio e dixo..., que eles tiñan que cruzar un monte, e díxolle [o pai ó fillo]:
—Para aquí que nesta pena toda a nosa familia foi descansando cando se iba levar ó hospital ós seus padres, e —dixo— a ti os teus fillos hanche de facer como me fas ti a min.
E dice [o fillo]:
—¡...! ¡Volvo pa casa!
E volveuno pa casa e xa non foi po hospital.

[Informante: Emilia Seco (65 anos), Os Castros, Candia, Abadín (Lugo). Marzo de 1993]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: