Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Pena Abaladoira da Serra do Xistral

Na Serra do Xistral, onde chaman Guilfonso, lugar da Moladoira, parroquia do Pereiro, concello de Alfoz (Lugo) hai un penedo de granito de forma oval pousado sobre a rocha; ao máis lixeiro impulso (din) abana sen chegar a caer. Segundo diversas informacións tivo, agora non se lle apreza, unha inscultura que representaba unha "bicha", ou sexa, unha serpe xigante. Cóntase que se deitaban sobre ela as parellas con problemas de fertilidade (hai que lle ve forma fálica), as nais con pouco leite para alimentar os fillos, as mulleres que procuraban noivo ou as que desexaban saír con ben do parto.

Tamén se di que nesta pena se facían sacrificios de animais na antigüidade e botábase o sangue en dous buratos que hai na parte superior para logo purificarse con ela. A auga que apoza neses buratos é boa para currar as verrugas. Quen consegue pasar por baixo dela e abaneala cunha soa man cura da reuma.Tamén se asegura que se usou para para facer ordalías, xuízos ou probas de verdade coñecidos como "Iudicium Dei", probas de Deus, para comprobar a fidelidade das esposas, a virxinidade das doncelas e a culpa ou inocencia de acusados de diversos delictos; segundo a pena abanease ou non, resultaba culpable ou inocente o sospeitoso.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: