Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

O tesouro dunha modorra de Fafíán

Entre a documentación que acompaña o depósito en 1934 duns restos arqueolóxicos no Museo Provincial de Lugo existe un manuscrito que dá conta do intento de apropiación dun tesouro. Os achados proceden dunha modorra (medorra, modia …) localizada no lugar de As Lagoas, na parroquia de Fafián, concello de Sarria (Lugo) e o autor desta comunicación é Eugenio Carré Naya*, quen entón era alumno do Plan Nacional Profesional do Maxisterio da Coruña.

«A tradición asegura —traducimos do orixinal en castelán— que nunha delas un cura que posuía un Ciprianillo fíxolle traballar ao demo toda a noite ata que saíu un castrón que intentou montar a un dos acompañantes do cura, este invocou o nome de Deus e entón o “encanto” afundiuse baixo terra e desapareceu. Os campesiños aseguran que aínda é frecuente que se produzan afundimentos nos prados ó longo da vía que seguiu o animal na súa fuxida. Tamén me aseguraron que na modorra que nós escavamos apareceu unha alacena con cinsa, que como non tiña ouro, rompérona».


*Mestre, fillo de Eugenio Carré Alvarellos e sobriño de Leandro Carré Alvarellos. Antigo militante do Partido Comunista, secretario de F.E.T.E.-U.G.T, presidente da Unión de Estudiantes Antifascistas, en 1936 pertencía ao Partido Obreiro de Unificación Marxista (POUM) e era presisente da Casa del Pueblo de A Coruña. Morreu uns días despois do golpe de estado do 18 de xullo de 1936 nun enfrontamento coa garda civil

.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Exmos. Senhores,
Sou neto de Leandro Carré Alvarellos e nessa qualidade escrevo este comentário a bem da verdade. Eugénio Carré Naya não era filho de Leandro Carré mas seu sobrinho. Era filho de Eugénio Carré Alvarellos, seu irmão. Leandro Carré teve um filho varão de seu nome Leandro Carré Brandariz, este também desaparecido durante a guerra, em terras Asturianas. Nunca se chegou a saber o que aconteceu na verdade.
Gostaria que tomassem boa nota deste apontamento e que fizessem a merecida retificação.
Grato pela vossa atenção, disponibilizo-me para prestar outras informações que entendam como necessárias.

Enviado por João Carlos Carré dos Reis o 15/12/2013 ás 18:20:11


Enviar comentario a este artigo: