Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A casa encantada que non se puido vender

NON SE VENDE. Así rezaba o rótulo dunha casa que había entre A Ramallosa e Vigo, a carón da estrada.
Agora a casa xa non existe, que a tiraron, pero contan que durante moito tempo os que ían cara a Vigo desde A Ramallosa vían e comentaban sobre cal sería o motivo daquel estraño reclamo.
Contan que uns fillos cando herdaron a casa dos pais decidiron poñela en venda. E vendérona. E o comprador foi vivir a ela inmediatamente.
Pero, xa na primeira noite, pasaron cousas raras. As luces acendían e apagaban soas, sentíanse golpes en portas, ventas e caixóns … Non había maneira de pegar ollo.
Ao día seguinte desfixeron o trato e devolvéronlle a casa aos donos.
E volvérono a vender, e atoparon comprador, pero ... Coma sucedera no caso anterior, tiveron que desfacer o trato pois non había maneira de durmir.
Foi entón cando os herdeiros decidiron poñer aquel letreiro tan enigmático do que todos querían saber o motivo.
Pois, xa o sabedes; esta casa NON SE VENDE porque ten (tiña) pantasmas.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: