Ritos, obxectos, crenzas varias..
O tesouro da capela de San Antonio
Eu teño oído que viñera un señor, prendeu o cabalo ós ferros da ventana da capilla e que fora esconder un tesoro de ouro, e que dicía incluso, que se vía que el, escondendo no tesoro, que vía o cabalo e que sería destapado pola pata dun cabalo...
Pero, asta ahora, non se destapou.
__________
Recompiladores: Equipo Chaira (Mª Ofelia Carnero, Xoán R. Cuba, Mercedes Salvador e Antonio Reigosa)
Informante: Plácido Morado (63 anos).
Lugar e data de recollida: Abesada, Abeledo, Abadín (Lugo). 16 de outubro de 1992.
Proxecto: Transcrición extraída do “Inventario de lendas, contos e outras manifestacións da literatura oral do concello de Abadín”. Campaña 1992-1993.
__________
BIBLIOGRAFÍA