Ritos, obxectos, crenzas varias..
O tesouro de Cantorcia
Cantorcia è unha aldea pertencente á parroquia de Savane, concello de Navia de Suarna (Lugo). Un veciño contoume que preto da aldea había unha grande e antiga nogueira. Un bo día, o propietario decidiu arrincala. Cal foi a súa sorpresa cando debaixo das raíces había un pucheiro cheo de po de ouro. Mais a alegría pouco lle durou, o pucheiro partiu e o ouro foi arrastrado por un regueiro que discorre polo lugar.
[Texto de Xabier Moure Salgado. Xullo de 2012]