Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O tesouro do Castro de Trelle

No Castro de Trelle, en Toén (Ourense) hai dúas minas, unha de ouro e outra de alcatrán. O que se atopa a mina de ouro faise rico; o que atopa a de alcatrán, se non morre abrasado polo seu lume, será para sempre desgraciado e levará a desgraza aos seus parentes e achegados. Dunha vez un rapaz de Sabucedo, que andaba a gardar o gando, rañou cun coitelo nunha peneda que hai no castro. Así que o fixo, púxoselle diante un xigante moi grandísimo, con ollos de boi, que lle contou que na fonte máis preto da cerca había acubillados unha cabra e máis un cabrito de ouro.
O rapaz, aínda que tomou moito medo, contou no lugar o que lle pasara, e entón foron homes que andaron a medir e viron que a tal fonte era unha que deita nas abas do sur e cavaron alí e non se sabe se atoparon algo ou non.

[Remitido por David S.C. de San Pedro de Moreiras, Toén (Ourense) en marzo de 2012]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: