Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Pena dos mouros de Remesar

En Remesar, concello de Bóveda, hai unha pena que ten a feitura dunha cara humana. Debaixo da pena hai unha cova cunha boca duns tres metros de alto e dez de longo na que vivirion os mouros.

En certa ocasión unha moza de nome Dolores andaba coas vacas por cabo da pena cando tropezou cunha moura que lle pediu que lle catase os piollos.

A moza catoullos, e a moura, en pago, botoulle no mandil algo que lle rogou que non mirase ata chegar á casa.

Pero a moza tivo curiosidade e mirou o que levaba no mandil; e como só eran carbóns tirou con todo no camiño. Mais cando chegou á casa decatouse de que lle quedaran uns migallos apegados; e, o máis sorprendente, xa non eran carbóns senón moedas de ouro.
Coidando que a moura lle daría máis regresou de contado onda ela pero os mouros collérona, levárona para dentro da pena e botárona en aceite fervendo.

A nai da moza buscouna por riba e por baixo, e chamábaa polo nome:

—Doloriñas! Doloriñas!

Cando se achegou á pena berrando pola filla, os mouros respondéronlle:

—Doloriñas, Dolorón, derretida en aceitón!

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: