Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Castro de Moncelos

O castro de Moncelos, tamén chamado Monte das Cargas, está na parroquia do mesmo nome do concello de Abadín (Lugo).

»Aquí estuveron os árabes e os romanos tamén anduveron por aquí, porque incluso cuando ampliamos o cementerio ese novo de aí, eu fun alí arar coas vacas e aquí onde temos o campo da festa había unhas pozas e entonces a terra meteuse toda pra aí, pra facer o campo e regouse no cementerio e apareceron unha cantidá de monedas romanas de Marco Antonio que incluso, non sei se unha se dúas, foron entregadas no Museo da Diputación e ten que habelas alí. Saliu incluso apuntado no periódico “El gran bronce”, e hai aínda por aí quen ten monedas daquelas que despois non sei se as pagaron a 300 pesetas ou algo así. Eran cuadradas e ademais eran de Marco Antonio, que o decía, estaban xa selladas..., e apareceron un grupo delas, un grupo delas, non sei as que, pero deberon aparecer unhas cincuenta ou máis.
Esa hondanada que hai por aí decían aquí que a tiñan..., que fora cando estuveran os árabes que baixaban por ela e que iban dar de beber ó rio, que tiñan cabalos e que estaban aquí revolvendo esto que decían que había aí pepitas de oro pero moito levan escavando. Chámanlle a escada de ouro de Moncelos, a escada de ouro de Moncelos, pero non a encontrou nadie».

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: