Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Ritual sobre a morte no concello de Cervantes

Entre as aldeas de O Piornedo e Donís, concello de Cervantes (Lugo), existía un punto no que se detiñan as comitivas fúnebres. Mentres o párroco aproveitaba para cantar un responso, un parente do defunto espetaba na terra unha pequena cruz de madeira. No lugar había outras cruces, tantas como habitantes do Piornedo morreran. Despois de amortallado o defunto, en Galiza acostumábase colocar sobre o cadáver unhas tesoiras, unha peza de aceiro, un prato con sal ou un peite. En moitas aldeas dos Ancares colocábanlle unha fouce.

[Texto de Xabier Moure Salgado. Decembro de 2011


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: