Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Os encantos do Penido do Castro

Desde o Torrillón cara Viveiro, por onde ían e viñan os veciños de por alí para mercados e feiras, pásase polo Penido do Castro, Rigueira, concello de Xove (Lugo). Nesa rota, preto do Cadaval, por detrás do Penido do Castro sentíase unha música e víanse bogadas de roupa estendida. Segundo a xente se achegaba ó lugar, desaparecía a roupa e a música deixaba de soar.
Todos sabían que era cousa dos encantos, dos «espíritos de persoas que quedaron encantadas», segundo o sabio parecer de Xosefa Rita Míguez.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: