Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Os encantos da praia da Bailieira

Na praia da Bailieira, que está entre o Cabo de Morás e Cabria, en Morás, Xove (Lugo), hai un burato grande que é casa de encantos.
Unha vez estaba un destes encantos peiteándose cando se achegou un pescador; entón o encanto, coas presas, abandonou os peites de ouro e foise esconder. Pero o pescador viu os peites e levounos para a casa.
Desde aquel día aparecíalle o encanto todas as noites pola casa; sentía a súa voz; ver, non o vía. Petaba e dicíalle:
—¡Dáme os peites, ho! ¡Dáme os peites, que son meus!
E así unha e outra noite, unha tras doutra, ata que dunha vez, tan pesado se lle puxo o encanto, colleu os peites e foinos pousar onde os atopara.
E acabouse; xa non lle volveron a petar na porta.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: