Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A lenda de Santandufe

O Alto de San Roque atópase a máis de 1.200 metros de altitude sobre o nivel do mar, entre as aldeas de Liñares e O Hospital, no concello de Pedrafita do Cebreiro (Lugo). No lugar, camiño obrigado dos peregrinos a Santiago que entraban en Galiza polo Cebreiro, había unha ermida posta baixo a advocación de San Roque.
A lenda de Santandufe baséase en noticias do Cronicón Iriense (século X), na Historia Compostelá (século XII) e na España Sagrada (século XVIII) do P. Flórez. Un bispo de Iria, de nome Ataulfo, foi acusado de sodomía por tres membros da súa comunidade chamados Cadón, Ensión e Xadón. A acusación foi levada ata o rei Ordoño I quen ordenou celebrar un Xuízo de Deus no que o bispo debería enfrontarse cun temible touro. Se saía indemne sería proba da súa inocencia. Despois de celebar a misa, saíu fóra, mais o touro, en vez de embestilo, achegouse mansamente e, cando o bispo o tocou, desprendéronse os cornos milagrosamente. O bispo, despois de perdoar aos seus acusadores e bendicir ao rei, retirouse a un lugar de Asturias.

[Texto de Xabier Moure Salgado. Setembro de 2011]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: