Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Pena de Murias

En Murias, parroquia de Rao, concello de navia de Suarna (Lugo). Trátase dun penedo cónico de paredes de lousa negra, con covas na base da rocha. No lugar houbo unha explotación mineira de época romana. Se ben hai algunhas lendas cuxos protagonistas son os mouros, ou de que existe un burato que se se tira unha pedra soa como se fose metal, a de máis sona entre os veciños (que teñen por unha historia real) acontece durante as Guerras Carlistas do século XIX. Supoño que durante a Primeira Guerra (1833-1840) que é cando o Carlismo tivo certo protagonismo en Galiza. Cóntase que cando unha partida carlista fuxía das forzas liberais, e por medo a que estes se apoderaran do tesouro que levaban, decidiron agochalo na Pena de Murias. A pesares de que foron moitos forasteiros os que o buscaron, nunca lograron dar con el. Tamén andaron detrás do tesouro os habitantes do lugar, mais, ata o de agora, sen éxito. Iso si, saben que non está lonxe de onde buscan e que, máis tarde ou máis cedo, ha de aparecer. Esa seguridade dálla dúas referencias que, ao parecer, deixaron os carlistas por se algunha vez tiñan que volver a buscalo. Mais non vou ser eu quen as descubra, a persoa que me informou díxome que non as desvelara.

[Texto de Xabier Moure Salgado. Agosto de 2011]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: