O tesouro do castro da Croa
O castro da Croa atópase na parroquia de Pousada, municipio de Baralla (Lugo). Ao parecer no castro hai unha cova onde os mouros agochaban un pote de ouro. Tamén se asegura que un can que entrou nela apareceu logo no castro de Ferreiros, a case tres quilómetros de distancia.
[Texto remitido por Xabier Moure Salgado, de Becerreá (Lugo). Xuño de 2011]