Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Luces no cruceiro

Arredor do cruceiro que sinala os lindes entre Ventín, Barreiro e Mosteiro, en Pol (Lugo)sempre se viron cousas raras.
Unha vez, unha noite escura, sen lúa, un home que ía dacabalo andou perdido e non deu chegado á casa ata que amenceu. Contou que vira unhas luces que ían e viñan desde as orelas do cabalo ata as del. Unhas luces que nin alumaban nin facían ruído.
Outra moita xente contou o mesmo, que se perdían e que as luces ían de atrás para adiante, coma se fosen lume. Eran, ao parecer, meigas.

[Información de Andrea Blanco Fernández, alumna do CEIP Rosalía de Castro, Mosteiro, Pol (Lugo)]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: