Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O tesouro do castro de Ceranzos

No lugar de Ceranzos, na parroquia de Xuances, en Xove (Lugo), hai un castro no que viviron os mouros ata que os botaron.
Aqueles mouros, coas presas da fuxida, aínda que contando seguramente poder recuperalo máis adiante, deixaron enterrado o pelello dun boi cheo de ouro. Sábese que o deixaron porque cando marchaban, cantaban:
Adeus, Ceranzos, Ceranzós,
terra dos nosos tataravós,
que na máis alta do castro
ten un pelello de boi enterrado.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: