Ritos, obxectos, crenzas varias..
Ritos da mata do porco
Unha vez morto, chamuscado e lavado o porco, aínda hoxe en día consérvase o costume de cortarlle as tetiñas e logo guindalas na corte coa man esquerda. Disque, ademais de evitar que a carne se estrague, dá boa sorte aos moradores da casa.
[Información remitida por Xabier Moure Salgado (Asociación Cultural A Curuxa), de Pontide, Suegos, O Vicedo (Lugo), en febreiro de 2010. Informante: Roberto Fanego Fernández]