Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Castro de Donramiro

Castro situado no Alto de Vales, onde antigamente se denominaba "Monte das penas do cesto", na parroquia de Donramiro, concello de Lalín (Pontevedra), e tamén coñecido como castro de Monserrat, pola proximidade da ermida do mesmo nome.
Hai noticia do achádego de varias moedas de ouro, dunha pulseira e dun anaco de braceira entre outras pezas de interese arqueolóxico. Tamén se asegura que alí viviron os mouros, e que deixaron armas e tesouros.
No castro de Donramiro hai unha viga de ouro e outra de alcatrán; a de alcatrán ten o comezo na Penela e de ser rozada polas rodas dos carros, estouparía e arrasaría todo arredor. Outros falan de dúas columnas, unha de ouro e outra de prata; se chegan a xuntarse, estoupan.
Outra galería, ou mina, comunica este castro co de Goiás pero nunca houbo ninguén capaz de percorrela enteira; forzas sobrenaturais immpídeno.
Cóntase que quixeron facer un pozo no castro pero os poceiros sentiron voces debaixo, tomaron medo e tapárono.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: