Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

O pan

No concello d'O Vicedo (Lugo), os mariñeiros consideran de mal agoiro poñer o pan do revés, é dicir, coa parte plana da bola ou da barra coa base cara arriba («a que pousa no forno», din) xa que pode ser presaxio dunha desgraza, de que o barco, ao sulcar o mar, dea a volta.
Denantes encetar o pan tamén se facía unha cruz na base.
Poñer o coitelo por riba do pan tampouco presaxia nada bo.

[Información remitida por Xabier Moure Salgado (Asociación Cultural A Curuxa"), de Pontide, Suegos, O Vicedo (Lugo), en febreiro de 2010. Informante: Antonio de Marea, de Baltar]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: