Ritos, obxectos, crenzas varias..
A cadea e os tres caldeiros de Piño
Na parroquia de Piño, en A Pobra do Brollón (Lugo), dise que polo camiño que vai do Cimo de Riba a Castro hai unha cadea de ouro enterrada que pertenceu a un rei, e que ha ser descuberta pola pata dunha cabra.
Tamén se di que no mesmo camiño hai tres caldeiros, un de ouro, outro de prata e outro máis de cobre, e que só serán descuberto polas cabras coas súas patas.