Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A riqueza do cura da Casa da Pousa

O cura da Casa da Pousa, en Pedrouzos, Castro Caldelas (Ourense), fíxose rico da seguinte maneira. Agachou na súa casa a un carlista que levaba canda el dúas maletas cheas de cartos. O carlista estivo alí un día e marchou á noite seguinte. Despois foi preso e escribiulle ó cura desde o cárcere pedíndolle cartos e dicíndolle que, se llos mandaba, logo habíalle volver a escribir para dicirlle onde podía recoller unha fortuna.
O crego mandoulle os cartos e ó pouco tempo recibiu unha carta do carlista na que lle contaba que se cavaba a dous metros dun castiñeiro que había no camiño que sobe á Pousa atoparía as dúas maletas cheas de ouro. E tamén lle dicía que as gardase na súa casa, que se vivía, xa viría recollelas, e que se morría, quedaban para el.
O crego e o sacristán cavaron no lugar indicado, atoparon as maletas e, como o carlista nunca regresou, quedaron cos cartos.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: