Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O tesouro da igrexa das Neves de Pedrouzos

Un veciño da comarca de Castro Caldelas (Ourense), estando na cidade de Ourense escoitou a uns homes falar dun tesouro e da determinación que tiñan de ir sachalo aquela mesma noite. As referencias dicían que o tesouro estaba no adro da igrexa parroquial das Neves, en San Mamede de Pedrouzos, segundo indicaba unha cruz que había na parede.
Nada máis escoitar aquilo, o home montou no seu cabalo e foi ó lugar indicado. Cando chegaron os outros el xa arramplara cunha ola chea de moedas de ouro. Desde entón é rico e parece que aínda garda unha caldeira chea daquelas moedas.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: