Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Virxe das Angustias

Preto da antiga Ponte do Porto, que salva o río Sor e comunica os concellos de O Vicedo (Lugo) e Mañón (A Coruña), álzase unha ermida en honra da avogosa Virxe das Angustias. Ata non hai moitos anos, cando o mar ía bravo, trasladaban a imaxe ata igrexa de Riobarba, conseguindo, dese xeito, que amainara.
A Virxe devolvíana para a capela no tempo de sequía, non sen antes lavarlle os pés coas augas do Sor e, así, atraer a choiva.

[Información remitida por Xabier Moure Salgado, de Pontide, Suegos, O Vicedo (Lugo), en maio de 2009. Informante: José Insua, do Chao, Riobarba (O Vicedo)]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: