Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Prediccións do tempo no Vicedo

Na parroquia de Mosende, O Vicedo (Lugo), denantes preparar os trebellos de labranza para o día seguinte, escoitaban o mar; dependendo cara onde bruara con máis forza, anunciaba bo ou mal tempo. A ancestral predición meteorolóxica baseaba en dúas regras, disque infalibles:
"Se roxe o mar en San Román, colle o arado na man; se roxe en Esteiro, cólgao no fumeiro".
O mesmo acontecía coa curuxa: se se oía no Bico do Nabo era sinal de bo tempo; mais, se o canto viña do Río da Penela anunciábao malo.
Na mesma parroquia aseguraban que se escoitaban ben as badaladas da igrexa de Riobarba é que "había tempo de arriba", é dicir, malo.
Cando na parroquia de Santo Estevo do Vicedo se escoitaba o reloxo do colexio das Ribeiras do Sor significaba que ía mudar o tempo, pois había vento do nordés.

[Información remitida por Xabier Moure Salgado, de Pontide, Suegos, O Vicedo (Lugo), en abril de 2009. Fonte: Manolo de Mosende “O asturiano”, e a súa muller, Madalena, de Mosende, O Vicedo (Lugo)]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: