Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Noite do apalpadoiro: O Apalpador e O Pandigueiro

O  Apalpador

Xesús Taboada Chivite refire o costume que denomina "a noite de apalpadoiro" e que consiste en palpar o ventre das persoas na noite de fin de ano por ver se comeron ou non para todo o ano que entra. Semellantes testemuños a este procedentes de diferentes lugares da montaña de Lugo refiren o mesmo hábito, ou rito, denominado "apalpadoiro" ou "apalpadoira" que se facía na noite de fin de ano. Consistía en apalpar o ventre, sobre todo o de nenos e nenas, para saber se comeron o suficente para que o ano que entra non sexa de fame, senón de fartura.

O investigador José André Lôpez Gonçâlez publicou en AGAL-GZ, Portal Galego da Lingua, no Nadal do ano 2006 un artigo titulado “O Apalpador. Personagem mítico do Natal galego a resgate” onde dá a coñecer unha serie de informacións procedentes de testemuñas das terras luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que mora nas devesas, que usa boina, casaco esfarrapado e remendado, fuma en pipa, que se alimenta de bagas e xabaríns. O día 31 de decembro baixa da montaña e visita os nenos, despois de quedaren durmidos. Entón apálpalles a barriga por ver se están cheos ou se teñen fame. De teren a barriga chea, di: “Así, así esteas todo o ano “ e déixalles unha manchea de castañas. De ver que teñen a barriga baleira, non di nada, mais tamén deixa unha presada de castañas. Achega tamén José André Lôpez Gonçâlez cantigas recompiladas na mesma zona e que se usan para acalmar os cativos, excitados pola chegada do Apalpador. 

Jerónimo de Vicente, desde Ourense, achéganos estes versos “”que teño ouvido e que lle cantaban os pais ós seus fillos a noite que baixaba”:

Hoxe é noite de Nadal,

vaite ninín á camiña

que vai vir o apalpador

a palparte a barriguiña

O Pandigueiro

Recentemente, en datas previas ao Nadal de 2008 escoitamos no programa da Radio Galega dirixido por Xurxo Souto "Aberto por reformas" o testemuño de Miguel Losada quen facía referencia ao Pandigueiro, personaxe que na Terra de Trives acudía aos leitos dos nenos que se tiveran que deitar na Noite de Nadal co ventre baleiro.

Segundo esta información os nenos tiñan que pedirlle leitiña con purgazos (castañas secas, cocidas) ao Pandigueiro por medio dun retrouso (que xa non lembra) e este baixaba da Serra da Cabeza Grande coas castañas e, ademais, podía levar xoguetes tallados en madeira cocida de amieiro. Chámese como se chame, segundo a procedencia das referencias, urxe unha investigación máis profunda sobre este personaxe que apalpa as barrigas dos meniños que non tiveron a sorte de comer a fartar na cea da noite de Nadal ou na de Ano Vello. Mentres, irémonos facendo eco das achegas que recibamos.

© Galicia Encantada

+ sobre o Apalpador/ ApalpadoiraApalpadorApalpador (poema)Apalpador (apuntamentos),  PandigueiroApalpadoiraApalpador (novo testemuño)

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Na zona de Monforte de Lemos, chámase Apalpabarrigas. Hai persoas que lembran como os visitaba na noite de Nadal.

Enviado por Raquel Aira o 21/12/2012 ás 0:37:04


En Trives (Ourense) tamén existe a ancestral figura do Apalpador, un ser mítico que baixa da Serra da Cabeza Grande de Manzaneda na noite de Nadal. Alí chámaselle O PANDIGUEIRO

Enviado por Ourense o 23/12/2008 ás 19:46:29


Me llamo Ana Fernández vivo en Donostia (Gipuzkoa) mi familia materna es de Verin (Ourense). Me mando mi prima una foto para felicitarme las fiestas donde aparece este personaje de o palpador. y yo inocentemente le llame el Olentzero.. Mi prima me dice que mire en internet para ver quién es.

Curiosamente tiene muchos puntos en común con nuestro olentzero, es también carbonero, baja del monte el día de nochebuena y viste txapela, fuma pipa....

Aquí los antropólogos tendrán más que decir que yo.


Encantada de conocer al señor palpador.

Saludos: Ana Fernández.

Enviado por Ana Fernandez o 27/12/2013 ás 18:48:02


Enviar comentario a este artigo: