Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Apedrar as árbores froiteiras en Noiteboa

En moitos lugares de Galicia despois de rematar a cea de Noiteboa os máis pequenos da casa saían apedrar as árbores froiteiras para que desen fartura; nalgúns lugares só apedraban as chamamdas aneiras (as que só dan froito cada dous anos).
O ritual era máis ou menos desta maneira.
O dono da árbore, na compaña doutro que facía o papel de defensor da árbore, dialogaban así:
­—Aquí estamos —di o dono—; heino cortar.
—Por Deus e polas ánimas, déixao quedar. Pra o ano que vén hachas dar! —responde o que fai de defensor.
Ao remate do diálogo, o dono da árbore apedrábaa e logo retirabase do lugar sen darlle as contas.

Ilustración de Andrés Meixide para o libro Cando os animais falaban. Cen historias daquel tempo, Xerais, 2002.


BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: