Pedra dos Namorados de Mogor
Nesta laxe, xa desaparecida, de San Xurxo de Mogor, en Marín (Pontevedra) había gravuras con figuras de serpes. Quen sentaba nela, se era estéril, volvíase fecundo; quen a tocaba, se buscaba amor, conseguería o que quixese da persoa amada, e se eran dous e amantes xa, aseguraban de por vida a fidelidade mútua.
Quen quixese ter fillos con facer enriba da pedra por telos, tíñaos seguro. Cóntanse varios casos que confirman todo isto.
BIBLIOGRAFÍA