Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O rei da Pena Lopesa

Fronte da escarpada do mar, entre O Val e Vilarquinte, no concello de Narón (A Coruña), hai unha illa inzada de restos castrexos coñecida como Pena Lopesa. Contan que alí había un castelo e que nel vivía un rei que gardaba un tesouro. Cando a illa se lle facía pequena, o rei cruzaba á terra por unha ponte, e pasaba o día cabalgando e cazando. Un día, os señores das terras veciñas, movidos pola envexa, quixeron matar ó rei e apoderarse do tesouro. Mais o castelo, defendido polas murallas, as rochas e o mar resultaba inalcanzable, así que decidiron apreixalo fóra do castelo, mentras andase a cazar. Mandaron guerreiros que o buscasen seguindo as pegadas do seu cabalo, pero o rei, astuto, anticipándose, calzou o seu cabalo con ferraduras postas do revés, e así, cando viña parecía que ía, e cando ía parecía que viña. Unha noite entretívose moito e cando regresou ao seu castelo xa clarexaba. Os vixiantes saíron tras del pero non conseguiron alcanzalo. Sabedores os conxurados de que estaba no castelo, puxéronlle cerco para rendelo de fame. Pero o rei non só non se rendía, senón que facía mofa dos seus inimigos, xa que nas súas bodegas amoreábanse cervexa, gran e carne. Un día víu que só quedaba un pouco de millo, encheu un caldeiro, subíu ás murallas, e pasou a mañá chamando ós paxaros e ceibando presadas de gran. Cando guindaba o derradeiro gran víu como os sitiadores se retiraban, crendo que o rei era un mago poderoso e que nunca o derrotarían. Nunca máis ousaron atacar o castelo da Pena Lopesa.

[Texto dos alumnado de 6º-A do C.P.I. “O Feal”, de Narón (A Coruña), curso 2006-2007: Tamara Caamiña, Germán Canosa, Iván Díaz, Sandra Gabarre, Adrián González, Paula Grandal, Martín Lage, Eloy Otero, Christian Riveira, Susana Puente, Daniel Roca, Estefanía Somoano e Ángel Soto, coordinados polo profesor José Manuel Timiraos Fernández. A fotografía é de Emma Vázquez Linos, alumna do CEIP "Isaac Peral", de Ferrol. Curso 2015-2016]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: