Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Santa Paterna de Arnois

Segundo a lenda, Santa Paderna ou Paterna naceu en San Xullán de Arnois, A Estrada (Pontevedra). Era unha muller rica, propietaria de moitas vides e colleitora de moito viño. Dise que morreu na fonte que leva o seu nome, en Bruñido, e que foi soterrada nun sartego de pedra arrimado por fora á igrexa parroquial.
Os devotos collían, e aínda o fan, terra dos arredores do seu sartego e poñíanlla no leito ás persoas doentes “que non morrían nin sanaban”. Unha vez posta a terra no leito, se era mal de morrer, a persoa morría; e se era de sandar, sandaba.
San Paterna foi a nai do bispo de Iria don Sisnando e a esposa do conde don Hermenexildo, fundadores no século X do Mosterio de Santa María de Sobrado.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: