Actualizado en data 02/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Demo e o seu mundo

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 074: A Casa do Medo

Leo en A escola de lareira (t. I, 2007) de Manuel Quintáns que na entrada de Lariño, indo de Louro, concello de Muros, hai unha casa na que viviu unha tal Cristina coa súa familia. O seu home morreu e os fillos marcharon polo mundo mais ela, disque amolada polo abandono dos fillos, deixou escrito nun papel que cando morrese os seus fillos poderían vivir na casa pero nunca poñela en venda.

Cando morreu, os fillos non atenderon a vontade da nai e venderon a casa pero os que a mercaron axiña comezaron a sentir laios que brotaban das paredes, faltábanlles cousas, pechábanse as portas…

Os compradores pedíronlle aos vendedores que lles devolvesen os cartos pero estes non crían o que lles contaban até que o comprobaron e a un dos fillos incluso se lle apareceu a nai. E cando lle falou lembroulle a prohibición de vender a casa.

A casa estivo cerrada moito tempo até que a mercaron uns alemáns pero tampouco aguantaron vivindo nela máis dunha semana. Seica fixeron ao lado unha de madeira e a Casa do Medo segue en pé pero sempre pechada.


SerieMicromitos


Publicación: Nós Diario, 11 de decembro de 2020.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: