Actualizado en data 25/11/2020

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Demo e o seu mundo

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 012: A pena caldaria

Os xuízos coñecidos como proba, lei ou pena caldaria aparecen descritos no Foro de León (s. XI), logo prohibidos polo papa Alexandre III.

Na “Crónica General España. Crónica de la provincia de Lugo”, escrita por J. Villaamil na segunda metade do s. XIX dise a propósito das augas ferventes de Lugo que "en la Edad Media se utilizaron sus férvidas aguas para hacer la prueba del agua caliente".

Nunha escritura datada en Lugo o 9 de febreiro de 995, a un tal Istofredo e á súa muller, Egilo, acusados de roubo, mandóuselles purgar o delito somerxéndoos ata o pescozo nas augas caldas do Miño ao seu paso por Lugo.

Xa se fixera anteriormente. Dirimíase un conflito de dereitos sobre o lugar de Vilarplano entre o bispado de Lugo e o mosteiro de Sobrado e dise que o presbítero Inocente Salamito meteu dez veces o brazo en auga fervendo, sacando cada vez unha pedra do fondo: "fajósele el brazo y se le sujetaren las ligaduras con el sello del Obispo, cuatro dias despues este mismo rompió los sellos y ligaduras, y el presbítero enseñó el brazo sano y sin quemadura, á presencia del pueblo".

SerieMicromitos

Publicación: Nós Diario, 16 de setembro de 2020.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: