Actualizado en data 19/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Demo e o seu mundo

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O tesouro do castelo de Altamira

Hai moitos anos, alá polos séculos XI e XII, o castelo de Altamira (Torres de Altamira, Brión (A Coruña) tivo un gran poder. No castelo había un pozo ao que non se lle vía o fondo e dicíase que deste pozo saia un túnel que comunicaba o castelo co pazo de Trasouteiro onde residía o capitán Barbeira xefe das tropas do conde de Altamira.
Segundo a lenda, o túnel estaba cheo de ouro que o conde gardaba alí e que custodiaba o capitán Barbeira e dúas meigas moi poderosas.

Esta lenda chegou ata non hai moitos anos porque alá polo 1950 uns cantos veciños de Brión xuntáronse nunha taberna e decidiron ir buscar o tesouro. Un deles que era medio meigo dixo que para poder chegar ao tesouro había que desfacer o feitizo que fixeran as meigas e necesitaba un pau de cedro e un pergameo. 

Así comezaron a desfacer fontes e cruceiros porque crían que eran puntos onde buscar para poder chegar ao ouro. Por pouco todos rematan no cárcere.

[Recolla do alumnado do IES de Brión (A Coruña). “O castelo de Altamira” (Rota lendaria por Brión), publicado (ficha, texto e vídeo con narración oral) no xornal dixital Autopías 2]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: