Demo e o seu mundo
CATEGORÍAS RELACIONADAS
nº 12 (2016).-REIGOSA, A. : O Entroido enmascarado: A Vida vence á Morte
O Entroido enmascarado: A Vida vence á Morte
© Antonio Reigosa
Texto publicado nas "Actas das II Xornadas sobre o Entroido de Galiza", Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), Pontevedra, 2015.
Para interpretar o Entroido hai que desenmascaralo, espilo das caretas e dos demais elementos simbólicos que o conforman. Nunca poderemos entender o que significou no pasado nin o que pode significar no presente sen atoparlle un sentido a cada un deses elementos.
O Entroido é a oportunidade que nos damos á volta de cada ano, tanto individual como colectivamente, para a catarse, para liberar emocións e impulsos (a maioría inconscientes), para exteriorizar a carga de opresión que nos traumatiza e reprime. O Entroido ten o seu tempo e o seu lugar; fóra dese tempo e dese lugar non existe nin sería posible.
O Entroido é, nas súas versións mais tradicionais, a representación dun drama ritual que ten como escenario o espazo público, como actores e actrices protagonistas a xente do común, e como antagonistas todo o que representa poder, sexa político ou relixioso.
O Entroido é un rito que se expresa ... (...seguir lendo)
REIGOSA, A. : O Entroido enmascarado: A Vida vence á Morte