Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Demo e o seu mundo

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Demos Rumudos

Veñen sendo uns trasnos ou diaños bulreiros de Antas de Ulla. Collen a aparencia dun carneiro e coma quen non quere a cousa fan os extraviados e preséntanse de noite ós que andan sós polos camiños. Manseliñamente déixanse coller e agarimar e cando o camiñante confiado carga no lombo aquel carneiro, pensa que leva para a casa un inesperado lote de carne. ¡Ca! É entón cando actúa o Demo Rumudo, bulrándose cruelmente do camiñante.
A Xan de Ludeiro aparecéuselle un demo rumudo na Fonte Do Quenllo. Cando xa chegaba á casa, moi ledo, co animal ó lombo, vai o carneiro e mexa por el e de súpeto pártese en dous. Xan, asustado, solta o carneiro que xa no chan volve recompoñerse, bota unha gargallada longa e bulrenta e pérdese na noite.
Outro tanto lle pasou a un de San Simón da Costa, en Vilalba, que colleu o carneiro ó lombo e xa chegando á casa dispúxose a baixalo. O carneiro falou.
Póusame amodiño,
non me manques
no meu caralliño.
Axiña estoupou e desapareceu.
Pero en Vilalba non lle chaman Demo Rumudo, nin Diaño Bulreiro.

Extractado do “Diccionario dos seres míticos galegos”.
Texto elaborado con información do libro “ Somos lenda viva. Lendas para rapaces”, Citania de Publicacións, Lugo, 1996, da autoría de MINI (Xosé L. Rivas Cruz) / MERO (Baldomero Iglesias Dobarrio).

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: