Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Demo e o seu mundo

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A moza que bailou co demo

No Viveiró, concello de Muras (Lugo), había unha moza que ía a todas as festas e sempre bailaba sen parar desde a primeira ata a última peza. Cando lle preguntaban con quen bailara sempre respondía o mesmo:
—¡Bailei co demo!
E unha vez, estando a mesma moza no monte tras das ovellas, presentóuselle o demo diante e preguntoulle:
—¿Queres bailar comigo?
Ninguén sabe o que respondeu a moza.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: